domingo, 9 de diciembre de 2012

Parque natural do río Barosa (Barro - Pontevedra).

Mapiña 
¡Moi boas! ¿Qué tal? Eu apuntiño de rematar os examenes e desfrutar dunhas merecidas vacacións. O malo é que ainda me queda o peor de todo. Pero tampouco vos pensedes que todo é estudiar estos días, algo de vida privada aínda me queda. Hoxe por exemplo, farta despois de haber estado toda a ponte encerrada na casa estudand, e aprobeitando que non chovía, decidín ir dar un paseo. En principio tiña pensado ir a Caldas de Reis, pero ao final rematei aquí: o parque natural do ría Barosa, en Barro. Pola carretera N550 dende Pontevedra a Caldas de Reis, a man dereita, xa está indicado. Ten moi bo acceso, aparcamento, un merendero moi chusco, baños e unha tapería que é un muiño reconstruido. 
O mais impresionante é a cascada cun desnivel duns 30 metros. E por supusto, ten unha ruta de sendeirismo sinalizada, ao longo do rio e con muiños. Ao estilo do Folón  e o Picón, pero non son tantos nin de lonxe. Segundo o cartel que me atopei na entrada, hai unha ruta circular, de intensidade media, que se tarda unhas duas horas en completar. Por desgraza non a puiden facer: nin tiña tempo, nin roupa nin calzado adecuados. Empecina, por eso de ver como era, pero ao pouco xa tiven que dar volta: estaba todo enlamado. Pero volverei mais adiante cando faga mellor tempo, toda ben equipada. ¡Que ten unha pinta boísima!

Por se volo preguntades: sí, facía frio. ¡E moito!

domingo, 18 de noviembre de 2012

Manicura de corazóns

A miña obra
Últimamente están de modas as unllas con debuxos. ¡E encántame! Dende fai uns anos sempre levo as unllas pintadas, pero ao máximo que chegara é a facerme a francesa con colorinchos. Ata hoxe. Despois de buscar tutorias en youtube e namorarme de moitos diseños, obtei por probar co mais facilote de todos: uns corazóns e uns puntos. O material que se precisa é faciliño de atopar: dous pintaunllas de cores que combinen, un pintaunllas transparente e un palillo dos dentes. Si, si, ledes ben, un palillo dos dentes, co cal faremos os debuxos. Eu usei un pintaunllas negro para a base, e o decorado fíxeno en laranxa. Para ser a primeira vez e ter un pulso desastroso, non me quedou mal de todo. Espero que pouco  a pouco me vaia quedando mellor e me saian diseños mais complicados. Que vin un dunha volvoreta precioso, pero non creo que sexa capaz de facelo. Ainda así probarei, e se me queda algo decente compartirei os meus resultados. Vos deixo o video tutorial que usei e tamén unha fotiño da miña obra particular. Se vos fixades no video usaron outras cores, pero iso xa é cuestión de gustos.