sábado, 19 de enero de 2013

Manicura francesa con prateado


¡Moi bos dias! Hoxe vouvos falar outra vez de unllas. Pouco a pouco voulle pillando o truco a esto do Art Nail. Ademais, cada vez teño mais cores, pinceis e demais materiais que me facilitan a tarea. Hai veces que fago fozadas horribles, pero por sorte hai veces que me quedan cousas moi chulas, como o deseño que vos vou ensinar hoxe. Ou polo menos a min parécenme chulas.
No Nadal agenceime cun esmalte negro para facer decoracións, que xa trae un pincel moi finiño. E tamén cun esmalte prateado, que me encanta. Con estes, mais o salmón e o transparente que uso sempre para facerme a manicura francesa, fillen este deseño.
Para empezar, pinteinas coa base salmón do meu kit da francesa. Unha vez que secou, usei o prateado. Con el pintei a punta das unllas, pero en vez de recto coma coa francesa, fixen primeiro unha pincelada recta, e despois unha a un lado, facendo unha curva. Cando secou, co pincel finiño do esmalte negro, fixen unha liña marcando donde remata o esmalte gris. Despois cubrino todo co transparnte para fixar. ¡E xa está! Para min, un diseño sencillo e elegante. Se usades putra cor en vez do prateado tamén debería quedar ben. Todo é cuestión de ir probando. O que pasa é que eu estou namorada deste esmalte, e ultimamente no paro de usalo ata atopar deseños nos que vaia ben. 
Espero que vos gustase. ¡Saúdos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada