domingo, 18 de noviembre de 2012

Manicura de corazóns

A miña obra
Últimamente están de modas as unllas con debuxos. ¡E encántame! Dende fai uns anos sempre levo as unllas pintadas, pero ao máximo que chegara é a facerme a francesa con colorinchos. Ata hoxe. Despois de buscar tutorias en youtube e namorarme de moitos diseños, obtei por probar co mais facilote de todos: uns corazóns e uns puntos. O material que se precisa é faciliño de atopar: dous pintaunllas de cores que combinen, un pintaunllas transparente e un palillo dos dentes. Si, si, ledes ben, un palillo dos dentes, co cal faremos os debuxos. Eu usei un pintaunllas negro para a base, e o decorado fíxeno en laranxa. Para ser a primeira vez e ter un pulso desastroso, non me quedou mal de todo. Espero que pouco  a pouco me vaia quedando mellor e me saian diseños mais complicados. Que vin un dunha volvoreta precioso, pero non creo que sexa capaz de facelo. Ainda así probarei, e se me queda algo decente compartirei os meus resultados. Vos deixo o video tutorial que usei e tamén unha fotiño da miña obra particular. Se vos fixades no video usaron outras cores, pero iso xa é cuestión de gustos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario