domingo, 6 de enero de 2013

Feliz ano novo 2013!!!

Moi boas! Feliz ano novo a todos, ainda que cuns días de retraso. É o que ten estar de vacacións, que unha as aprobeita ao máxima e está na casa para durmir e pouco mais, e así non hai foma de actualizar esto. ¿Empezástedes ben o ano? ¿Qué tal o balance do 2012?
O meu comezo de ano está sendo fantástico: de vacacións, sen facer nada productivo e paseando moito. E sobre o balance do 2012... ¡Foi un dos mellores anos da miña vida! Está cargado de moi bos recordos (Santiago, Revenidas, Albariño, o Ciclo...), e con bos resultados en proxectos personais. Mágoa da crise, senón sería un ano redondo.
O ano pasado por estas fechas, propuxérame un reto: ler 75 libros ao longo do 2012. Non o cumprín non de lonxe... Quedeime nos 34. Entre outro caeron nas miñas mans a saga de Harry Potter, 50 Sombras de Grey, Pretty Little Liars... Un pouco de todo. O que mais me gusto e atrapou foi a saga de Harry Potter. ¡Namoreime dela! É tan máxica que a relerei seguro. Por outa banda, o gran chasco, por decilo de alguna forma, foi Grey. O primeiro gustoume moito, sobre todo porque nunca lera nada dese xénero. O segundo foi pichípichá, e o último un auténtico peñazo. A sorpresa do ano foi Tim Burton. Non sabía que a parte do cine se dedicaba á poesía, así que vin un libro del (La melancólica muerte del Chico Ostra), non puiden evitar facerme con él. ¡Encantoume! E lembroume ao Tim Burton de Edudarno Manstixeiras. Un mundo imaxinario que so pode sair da súa mente. O que xa non me gustou tanto é o curtiño que é. Quedei con ganas de mais. 
Para este 2013 poporeime un novo reto literario, pero esta vez algo mais realista: 50 libros. ¡A ver se este ano o consigo!

¡Tede un moi bo ano 2013! Bicos e apertas para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario