sábado, 17 de noviembre de 2012

Cincuenta sombras más oscuras

Portada
  • Sinopsis:
 Intimidada polas peculiares prácticas eróticas e os oscuros segredos do atractivo e atormentado empresario Christian Grey, Anastasia Steele decide romper con el e embarcarse nunha nova carreira profesional nunha editorial de Seattle
Pero o desexo por Christian todavía domina cada un dos seus pensamentos, e cuando finalmente el lle propón retomar a sua aventura, Ana non pode resistirse. Reanudan enton a súa tórrida e sensual relación, pero mentras Christian loita contra os seus propios demos do pasado, Ana debe enfrentarse á ira e á envexa das mulleeres que a precederon, e tomar a decisión mais importante da sua vida. 

  • A miña opinión:

E igual que o outro: mal escrito, repititivo nas descripcións  e xestos dos personaxes (Ana debe estar chea de enrugas de tanto enfurruñarse), pero cunha historia que engancha e non che deixa parar de leer. Tanto é a cousa que somentes me durou duas noites. 
Despois de cortar con Grey, Ana o pasa fatal: non come, non durme... E el outro tanto do mesmo. Están namorados. Retoman a relación, ou mais ben debería decir que a comezan, posto que desta vez non hai contrato polo medio. 
Neste libro, vamos coñecendo mais do pasado de Grey, con datos que nos axudan a comprende o seu carácter e persoalidade, e o porqué das súas rarezas. Tamén entran en xogo novos persoaxes, como unha antiga sumisa ou a que iniciou a Grey neste mundo de amos-sumismos. 
Desta vez, a trama gustoume moito mais, ao añadrlle ao sexo e ao amor, intriga e suspense. ¡A ver que tal o seguinte!
Que por certo, enterime pola prensa, que xa houbo un divorcio por culpa desta saga. Parece que ser que unha muller pediu o divorcio porque o seu marido se negaba a probar cousas que ela lera neste libro. ¡Quere un Grey na súa vida! Ver para creer... Aquí vos deixo o enlace á noticia, que é para alucinar en cores.

¡Saúdos!

domingo, 4 de noviembre de 2012

Cincuenta sombras de Grey

Portada 
  • Sinopsis:
Cando a estudiante de Literatura, Anastasia Steele, recibe o encargo de entrevistar ao existoso e xoven empresario Christian Grey, queda impresionada ao atoparse ante un home atractivo, seductor e tamén moi intimidante. A inexperta e inocente Ana tenta esquecerse, pero pronto comprende canto o desexa. Cando a parella por fin inicia unha apaixoada relación, Ana sorpréndese das peculiares prácticas erótics de Grey,  ao tempo que descobre os límites dos seus propios e mais escuros desexos.

 
  • A miña opinión:
A miña opinión rerspecto este libro é un tanto contradictoria. Por un lado me enganchou moito, e non podía para de lelo. Pero outra banda, é malo, está pésima.mente escrito e é repetitivo nas descripcións. Así, por exemplo, Ana está o 80% do libro fruncindo o ceño, e o 20% restante mordéndose o beizo. Parece que non ten mais expresións faciais.
Se nos esquecemos do mal que está redactado, e nos centramos no argumento, sobre este podemos decir que está moi ben, e que engancha. Descubrir as perversións de Grey fan que queiras saber mais, saber que vai facer Ana e como vai rematar todo isto. Me parece curioso e me fixo rir nun par de ocasións, son o Subconsciente e a Deusa de Ana. O malo e que se abusa de eso de tal forma, que ao final resulta cansino. Resumindo, se queredes ler unha historia con sexo e entretida, adiante, pero tede en conta que está moi mal escrita e que en momentos chega a ser mais repetitiva que o allo.
Deixovos o video promocinal, para que vexades un pouco mais o que vos espera.

  • Video promocional :