miércoles, 28 de diciembre de 2011

Polo con queixo fresco ao forno

O outro día, estaba griposa, soa na casa e coa neveira medio vacia. Así que á hora de comer, tocoume experimentar co que había na casa. Por un lado para variar, e por outro porque non tiña os ingredientes para o que realmente me apetecía. E a verdade é que me quedou un plato ríquisimo, que penso facer moitas mais veces. Por que ademais é rápido e sinxelo. 
Da foto non vos fiedes demasiado, que se ve bastante mal. Saquina co móbil, ou carracamóbil, que ten unha cámara horrible. Todo por non ir á habitación a buscar a cámara de fotos. ¡Qué vaga que son! Pero polo menos o recoñezo, que seica é o primeiro paso. 
Aquí vos deixo a receita por se vos animades a probar. Espero que sí,  e que vos guste tanto como me gustou a min, ¡ou mais!

 Ingredientes.
  • Peituga de polo fileteada.
  • Tomates.
  • Queixo fresco.
  • Xamón cocido.
  • Salsa de soia.
  • Herbas provenzais.
  • Cebola.
  • Auga.
Preparación.
Eu usei unha tarteria pequena de barro. Cubrín o fondo con lonchas de xamón cocido. A continuación, puxen unha capa de tomates cortados en lonchas e cubrino con cebola. Por riba puxen unha capa de queixo fresco cortado moi finiño e boteille herbar provenzais. Para rematar, coloquei os filetes de polo espolvoreados con queixo fresco, que previmente desmenuzara cos dedos. O queixo ahí é mais que nada para que se funda e lle dea sabor ao polo. Despois botei mais e finas herbas e un chorrillo de salsa de soia. Non usei sal por que esa salsa xa é salada de por si. Para que a carne non quedase seca e non se pegase todo, añadin un chorriño de auga. Forno a 200º e a esperar. Nunha media hora mais ou menos está feito. ¡E a comer!
Saúdos!!! Ƹ̵̡Ӝ̵̨̄Ʒ 

miércoles, 21 de diciembre de 2011

El libro de las almas - Glenn Cooper

Portada 
¡Qué ganiñas lle tiña a este libro! E o que me custou conseguilo. Como é unha segunda parte, e a primeira a sacara da biblioteca, esperaba conseguila alí. Pero despois dun par de meses da súa publicación, seguían sen telo. Así que lle preguntei ao bibliotecario: ¡e non sabia da súa existencia! Tamén me dixo que se chegaban os cartos que o mercarían, pero despois de esperar e esperar, acabei mercándoo eu. Eso si, en versión dixital para ler no Kindle, que sae mais barato, e hai crise.
"El libro de las almas" é a segunda parte de "La biblioteca de los muertos", asi que se non a lestedes, parade aquí que seguramente vos fastidiarei o final. Nesa primeira parte, Will Piper, un axente do FBI, empeza a investigar uns asesinatos en serie, para acabar metido de cheo en algo que o supera. O Goberno oculta unha biblioteca chea de libros con datas de nacementos e mortes. Libros premonitorios, escritos fai centos de anos. 
Nesta segunda parte, Will está xubilado e firou unha clausula de confidencialidade respecto a esa biblioteca. Pero o acaban convencendo para investigar sobre ela, o seu orixe,  e o mais importante: ¿por qué a partir de certa data, non hai mais entradas? ¿Deixaron de escribilas por algún motivo en concreto? ¿Ou algo alleo lles impediu continuar, como por exemplo unha guerra ou epidemia?
"El libro de las almas" non é ningunha obra maestra, nin ten unha trama complexa e elaborada. Ao contrario. Trátase dun libro rápido de ler, a min duroume dous dias. E a trama é moi sinxela. Por momentos votei en falta enigmas con certa dificultade para resolvelos, ou que a propia trama me sorprendese. Así como a primeira parte ten un final que me deixou boquiaberta e con cara de sorpresa, este pareceume predecible e pouco orixinal.  Pero ainda así, está ben. Cumple a súa labor de entreter e facer pasar un bo rato. Se léstesdes a primeira parte, non deixedes de lelo, porque aclara moitas cousas sobre a biblioteca e os monxes. 

Datos do libro
Título: El libro de las almas
Autor: Glenn Cooper
Páxinas: 398
ISBN-10:  8425346088
ISBN-13:  9788425346088
Editorial: Grijalbo
Data de publicación: 25-08-2010
Ficha Anobii: Aquí

Trailer

Saúdos!!! Ƹ̵̡Ӝ̵̨̄Ʒ