lunes, 19 de diciembre de 2011

Sherlock Holmes y la casa del miedo

Hoxe toca falar outra vez de cine. Despois de mirar películas que non había por dónde collelas, cuns argumentos pésimos (Intruders) ou inexistentes (The last winter), acabei tirando de algo clásico. E tocoulle a unha do meu amado Sherlock Holmes. Todo comeza cando un grupo de 7 amigos estan ceando, e a un lle chega unha sobre que ten como único contigo 7 pepitas de laranxa. Ao dia seguinte, aparece morto. Pasa o tempo, e outro deses amigos lle chega un sobre como ese, pero esta vez con 6 pepitas. E tamén morre. Os que quedan vivos, avisan a Sherlock para que investigue, o cal se presenta na mansión na que conviven e ocorreu todo, co seu fiel amigo Doctor Watson. 
Extraños sobres que prexiasan a morte, unha criada que da medo, unha mansión tenebrosa... Elemnentos todos deles que fan que esta historia dea algo de medo. Pero tamen hai situacións cómicas que me fixeron rir con ganas. 
A historia me atrapou case dende o principio, e o final sorprendeume. Non é destas historias que sabes quen é o asesino casi dende o principio. Se a tivese que puntuar, daríalle un 8/10.


FICHA TÉCNICA: 
Título: Sherlock Holmes and the House of Fear
Año: 1945
País: USA
Dirección: Roy William Neill
Intérpretes
: Basil Rathbone, Nigel Bruce, Aubrey Mather
Guión: Roy Chanslor, Arthur Conan Doyle
Productora: Universal Pictures
Duración: 69 minutos
Quería poñer o trailer, pero buscando en youtube o que atopei foi directamente a película. Así que vos deixo aquí a primeira parte.

Saúdos!!! Ƹ̵̡Ӝ̵̨̄Ʒ

No hay comentarios:

Publicar un comentario