O outro día, estaba griposa, soa na casa e coa neveira medio vacia. Así que á hora de comer, tocoume experimentar co que había na casa. Por un lado para variar, e por outro porque non tiña os ingredientes para o que realmente me apetecía. E a verdade é que me quedou un plato ríquisimo, que penso facer moitas mais veces. Por que ademais é rápido e sinxelo.
Da foto non vos fiedes demasiado, que se ve bastante mal. Saquina co móbil, ou carracamóbil, que ten unha cámara horrible. Todo por non ir á habitación a buscar a cámara de fotos. ¡Qué vaga que son! Pero polo menos o recoñezo, que seica é o primeiro paso.
Aquí vos deixo a receita por se vos animades a probar. Espero que sí, e que vos guste tanto como me gustou a min, ¡ou mais!
Ingredientes.
- Peituga de polo fileteada.
- Tomates.
- Queixo fresco.
- Xamón cocido.
- Salsa de soia.
- Herbas provenzais.
- Cebola.
- Auga.
Preparación.
Eu usei unha tarteria pequena de barro. Cubrín o fondo con lonchas de xamón cocido. A continuación, puxen unha capa de tomates cortados en lonchas e cubrino con cebola. Por riba puxen unha capa de queixo fresco cortado moi finiño e boteille herbar provenzais. Para rematar, coloquei os filetes de polo espolvoreados con queixo fresco, que previmente desmenuzara cos dedos. O queixo ahí é mais que nada para que se funda e lle dea sabor ao polo. Despois botei mais e finas herbas e un chorrillo de salsa de soia. Non usei sal por que esa salsa xa é salada de por si. Para que a carne non quedase seca e non se pegase todo, añadin un chorriño de auga. Forno a 200º e a esperar. Nunha media hora mais ou menos está feito. ¡E a comer!
Saúdos!!! Ƹ̵̡Ӝ̵̨̄Ʒ